“Galicia na Memoria” é unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos sobre Galicia dos arquivos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1934 a 1989.
Esta edición, pioneira en España e coordinada por Aser Álvarez para Arraianos Producións, é o número trece da Serie Fondo Documental Histórico e Cinematográfico do MAPA e preséntase en formato libro, con textos de expertos en temática rural, e un estoxo con 8 DVDs que conteñen máis de 800 fotos e 50 audiovisuais documentais, entre outros materiais. Esta edición da Mediateca do MAPA conta coa colaboración do Ministerio de Cultura, ICAA, Filmoteca Española, CRTVG, e é o primeiro número monográfico desta colección adicado a unha comunidade autónoma.
Avance deste documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero producido por Arraianos Producións e dirixido por Aser Álvarez e con banda sonora orixinal de Moisés Quintas.
Este documental céntrase nos primeiros anos de vida de Julio Camba, a súa etapa menos coñecida que comeza en Vilanova e remata en Madrid, logo de un breve paso pola Arxentina de finais do século XIX.
Video creado para Compostela Rupestre, asociación que da a coñercer á cidadanía o patrimonio cultural prehistórico escrito nas pedras da área de Santiago de Compostela e a súa contorna.
Curtametraxe documental sobre Xosé Vizoso e Sargadelos, dirixido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións, con montaxe de Aldán Delgado e BSO de Moisés Quintas. Coa colaboración do alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago e o departamento de Cultura da Deputación da Coruña.