Na 5º edición o xurado estivo conformado por un grupo diverso de persoas entre as que se atopaban figuras tan recoñecidas como Tareixa Navaza e Xosé Ramón Pousa e novas incorporacións como Naiara Esparís e Aldán Delgado. Tamén participaron membros das diferentes institucións implicadas no certame, alumnado de primaria e secundaria de varios centros educativos de Galicia e Norte de Portugal e profesorado do IES Rosalia de Castro e Aser Álvarez de Arraianos Producións, que actuou como secretario.
O martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, celebrouse a entrega dos premios escolares de podcast O vello dos contos e se deron a coñecer aos gañadores de cada categoría nun acto que contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, Anxo Angueira presidente da Casa de Rosalía, e Loliña Mosquera filla de O Vello dos contos e madriña deste certame. No acto desvelouse a clasificación final e os gañadores de cada categoría. Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.
Os podcast gañadores do 5º Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos” son:
Categoría de primaria
1. CEIP de Atín- Cela | Un pobo lírico | Mos, Pontevedra
2. CEIP Mestre Valverde Mayo | Don Paco | Mos, Pontevedra
3. CEIP San Martiño | Rimando a Fernández del Riego | Pontevedra, Pontevedra
Categoría de secundaria
1. IES de Cotobade | Ping Pong con Francisco Fernández del Riego | Cerdedo-Cotobade, Pontevedra
2. IES de Foz | Na procura de Fernández del Riego | Foz, Lugo