Arraianos

Elías Valiña Sampedro naceu no ano 1929 en Sarria na parroquia de Lier. Con 12 anos entra a estudar no Seminario de Lugo onde remata os estudos en 1953. Para completar a formación estuda na Facultade de Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas acabando os estudos en 1959, o mesmo ano no que é destinado ao concello de Pedrafita facendose cargo da igrexa do Cebreiro. Alí comeza unha labor de dinamización da comarca buscando mellorar a calidade de vida dos seus habitantes ao mesmo tempo que axuda aos poucos peregrinos que nese momento pasan polo Cebreiro cara Santiago. Segundo vai pasando o tempo, Elías Valiña convértese no principal investigador e divulgador do Camiño de Santiago, recuperando tramos perdidos polo paso do tempo e realizando as primeiras cartografías das rutas para axudar aos peregrinos e marcando dende Roncesvalles o camiño establecido con frechas de cor amarelo.

Valiña publica unha “Guía do peregrino” que é un pequeno boletín pensado para que os camiñantes leven consigo ao facer as rutas con toda a información que estes precisan. En 1983 Elías Valiña é nomeado “Valedor do Camiño” e encoméndaselle a organización dun Congreso internacional do Camiño de Santiago que se celebrará en Jaca en 1987. Dous anos despois, con 60 anos e adoecido por un cancro, Elías Valiña morre tras trinta anos como cura do Cebreiro e unha vida adicada ao Camiño de Santiago, mais tamén ao Cebreiro, onde restaurou a igrexa, recuperou a hospedería e mellorou a calidade de vida dos habitantesao entregar as pallozas, vivendas prerromanas aínda habitadas en 1962, á Dirección Xeral de Belas Artes a cambio dunha serie de casas modernas e ben equipadas. A labor de Elías no Cebreiro debeuse a un gran esforzo e traballo constante realizado tanto por el coma pola súa familia, especialmente as súas irmáns Pilar e Amelia e os seus sobriños. Deste xeito, O Cebreiro converteuse nun dos puntos de referencia das rutas xacobeas e as frechas amarelas de Elías Valiña nun símbolo universal.

REDES SOCIAIS
Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00