Arraianos

A historia da autonomía galega ilustrada

O 10 de Setembro de 2021 innauguramos a exposición 40 Anos de Autonomía de Galicia nas Caricaturas de Siro comisariada por Aser Álvarez e producida por Arraianos Producións. Cun total de 231 caricaturas seleccionadas como as máis representativas entre 2000 candidatas, esta expo permite coñecer de forma amena a historia completa da autonomía de Galicia dende a súa fundación en 1981 até a actualidade. Xerardo Fernández Albor, Emilio Pérez Touriño, Abel Caballero Álvarez ou Antolín Sánchez Presedo son só algúns dos nomes que atopamos percorrendo a exposición no Parlamento de Galicia.

En 1985, Santiago Rey Fernández-Latorre propúxome trocar a Oficina Técnica de Bazán pola redacción de La Voz de Galicia para dedicarme so ao xornalismo, e aceptei. Foi un acerto. Juan Ramón Díaz, o director, tivo outro cando me dixo: “Vas facer cada día unha viñeta sobre o feito político máis importante na comunidade”. O éxito foi extraordinario. Ver en caricatura e en situacións cómicas aos protagonistas da política galega era tan novedoso, que divertía por igual a lectores e protagonistas das viñetas. Por iso, en 1986, celebrouse nos baixos de San Caetano unha exposición con cen orixinais e á inauguración asistiron líderes de todos os partidos.

Fun consciente de que na Voz estabamos a facer a historia gráfica da Autonomía Galega e, para que nada quedase por analizar, botei a vista atrás e ilustrei os feitos máis relevantes desde o comezo da primeira lexislatura, en Nadal de 1981. Parte desa historia quedou recollida nos álbumes Cofrades do Cristo da Autonomía (1988), 16 anos de Parlamento Galego (1998) e A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro (2009).

Recentemente doei ao Parlamento Galego case 2000 orixinais e hoxe presentamos esta mostra cunha escolma de 230, feita, naturalmente, cun criterio de cualidade dos debuxos; pero na que tamén recordamos os momentos da maior trancendencia e a políticos con gran protagonismo, que xa non están con nós. Poderiamos facer outras, con 230 orixinais diferentes e serían igualmente representativas; pero esta é a que prefero para poñer punto final a unha vida de caricaturista político, que empecei hai cincoenta anos.

Siro

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00