Arraianos

Anacos do rural

Anacos do rural

Unha revisión documental do pasado recente da galicia rural

Neste proxecto de recuperación e divulgación documental sobre o rural galego conflúen os esforzos e as vontades de institucións, individuos e colectivos que acreditamos na necesidade de coñecer o noso pasado para poder analizar o presente e afrontar conxuntamente os importantes desafíos e retos do mundo rural de hoxe e de mañá.

Esta edición multimedia, impulsada polo colectivo ACUDE Rural co asesoramento técnico de Arraianos Producións, que conta do apoio de AGADER e da Xunta de Galicia e a colaboración da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, así como dos enxeñeiros Jaume Lloveras e Juan Piñeiro entre outros colaboradores, é unha escolma única de textos, material fotográfico e cinematográfico sobre a Galicia rural, que se enmarca dentro dun ambicioso proxecto editorial e socializador, pioneiro en España, que quere contribuír á divulgación do patrimonio e, sobre todo, ao debate sobre o presente e futuro do mundo rural.

Anacos do rural

TEXTOS, material fotográfico e cinematográfico compoñen este proxecto que fala dun mundo que non volverá. Un ámbito rural que nos identifica como sociedade, case como tribo, pero co que os novos tempos non están sendo en absoluto xenerosos. Aínda que nos últimos anos se volva a mirada cara ese territorio dende diferentes eidos que procuran a súa recuperación, e tamén a súa valoración de cara a plantexar unha progresiva recuperación de poboación que alente novas posibilidades e, sobre todo un futuro, semella que estamos moi lonxe desa posta en valor de xeito efectivo.

O volumen Anacos do rural aporta toda unha serie de testemuños que consolidan ese tempo pasado e actúan como unha referencia de cara ao que se queira ou poida facer. O colectivo Acude co asesoramente de Arrianos Producións, xunto ao apoio de Agader e a Xunta de Galicia e a Mediateca do Ministerio de Agricultura, fai de todos estes materiais unha mirada cara nós mesmos, unha revisión do pasado, pero tamén unha lectura dende o noso presente, ese que está a mudar a súa mirada tras o longo esquecemento e, en moitos casos, tamén cun certo desprezo ao que se afastaba do ámbito máis urbano.

A colección de fotografías que percorre unha chea de recunchos de Galicia móvese entre a localización das paisaxes, dos territorios adicados a diferentes labores agrarias, e o deterse na actividade humana, xentes do campo adicados as súas tarefas, coa gandería ou na labranza. Tamén o mundo do mar ten cabida neste espazo, amosando esa dualidade da nosa terra de mar e montaña. Todas elas realizadas entre 1978 e 1986, un marco cronolóxico de cambio, no cal tiña lugar esa chegada de novas tecnoloxías a un mundo agrario que, ao tempo, comenzaba a perder boa parte da súa poboación, maioritariamente nova, e que vencellaba o seu futuro ás maiores oportunidades das grandes cidades, ben foran as galegas ou de lonxe da nosa comunidade.

Pola súa parte, os fondos da Mediateca do Ministerio de Agricultura, divídense no material fotográfico e no cinematográfico. No primeiro, as fotografías que se tomaron entre os anos 1948 e 1965 como parte dos Concursos de Fotografías Agrícolas, abrénnos as fiestras da memoria, a recuperación dunha xeografía xa descoñecida para nós, nun fermoso branco e negro que recupera moitos valores etnográficos da nosa terra e nas que atopamos unha nova dimensión do que significaba o traballo nos sectores primarios. Homes e mulleres que facían os seus duros, durísimos, labores cunha fonda dignidade que se transmite en cada unha destas imaxes con moito de heroico e ás que nunca se lle deu pola cidadanía o valor que tiñan, máis alá do feito documental, e si como xeito de trascender dunha época chea de esforzos e sacrificios e ben poucas compensacións.

Hai tamén imaxes procedentes do No-Do no que se amosaban os diferentes proxectos económicos no Estado español, analizando en Galicia tarefas como as repoboacións forestais que, no noso caso, levaron á muda dunha paisaxe que se decantou no seu pulo económico e forestal por especies como o eucalipto cun rápido crecemento e un maior rendemento económico, cando menos no curto prazo.

Dous DVD acompañan este manual no que as imaxes en movemento acrecentan ese sentido vital que se agocha en todos estes materiais. Tesouros como O home e o carro ou A cidade e o campo, baixo guións de Antonio Román e Carlos Velo, respectivamente, son unha viaxe ao mundo rural dos anos trinta e corenta como poucas veces se pode ver. Xoias que dende o cinematográfico amosan a visión que se tiña daquelas tarefas. As décadas seguintes tamén se reflicten en diferentes traballos visuais que incorporan novos ámbitos como os do mexillón ou o albariño ou a importancia das feiras agrícolas.

Estamos, polo tanto, ante unha necesaria revisión daquilo que debemos acoller co gozo que ten o abrazar a memoria dos que construiron este país, ao tempo que acollemos toda unha serie de materiais que nos obrigan a confiar nun futuro no que os seus pasos e o espazo no que traballaron son boa parte do que somos hoxe.

Carvalho Calero | Sen Fronteiras

Carvalho Calero | Sen Fronteiras

Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

    • Dirección e Coordinación: Aser Álvarez
    • Composición e interpretación musical: Moisés Quintas
    • Gravación e Masterización: Tameiga Sons
    • Deseño e Maquetaxe: Estudio Suab

Outros Traballos

Outros Traballos

O tempo na Luparia

Casa da Troia

Curtametraxe documental de Arraianos Producións sobre a Compostela que aparece na novela de Alejandro Pérez Lugín, “La Casa de la Troya”, onde interveñen, entre outros, Xerardo Estévez, Darío Villanueva, Xosé María Fonseca ou Anxo Angueira, para achegarnos unha visión contemporánea dende a Casa Museo da Casa da Troia, cen anos despois da publicación desta popular obra literaria de fama universal.

Cesteando

“Cesteando”: Un documental que sirve de reflexión sobre o rural a través da vida dun cesteiro da Baixa Limia; así nárrase a historia de Toño do Val quen atesoura a mellor colección de cestería de España.

Fronteiras de Enerxía Animal

Las diversas variantes de energía animal fueron decisivas para la supervivencia de los habitantes, de la Raiaseca del Leboreiro. La integración de ellos, en originales y particulares formas de ocupar un territorio, por veces hostil, por otras amable y aventurero, no habrían sido posibles sin su valiosísima ayuda. La nueva realidad está haciendo surgir nuevos rumbos, en consonancia con tecnologías modernas y con la satisfacción de necesidades sociales y terapéuticas. La inspiración en una tradición a punto de desaparecer y la incorporación de nuevos comportamientos éticos, dignifican, humanizan y espiritualizan sus funciones con las que intervienen para que esas tierras sigan produciendo situaciones e historias del mejor realismo mágico.

A resurección da Raíña Lupa no Pico Sacro

FILMIN

Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”

Festival Internacional de Cine Rural de Galicia "Carlos Velo"

TRABALLOS PARA O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE RURAL DE GALICIA "CARLOS VELO"

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia, único festival específico de cine rural que hai en Galicia, é un espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo. Incluído na programación do FICRURAL 2019, trátase dun proxecto de Arraianos Producións e Lareira Pop, que conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

Trailer Oficial FICRural 2019

TVE

E ti, vés ao Parlamento?

FICRURAL

MINISTERIO DE AGRIGULTURA PESCA E ALIMENTACIÓN

MINISTERIO DE AGRIGULTURA PESCA E ALIMENTACIÓN

Magrama Final

Galicia na Memoria

“Galicia na Memoria” é unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos sobre Galicia dos arquivos de Filmoteca Española e da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1934 a 1989.

Esta edición, pioneira en España e coordinada por Aser Álvarez para Arraianos Producións, é o número trece da Serie Fondo Documental Histórico e Cinematográfico do MAPA e preséntase en formato libro, con textos de expertos en temática rural, e un estoxo con 8 DVDs que conteñen máis de 800 fotos e 50 audiovisuais documentais, entre outros materiais. Esta edición da Mediateca do MAPA conta coa colaboración do Ministerio de Cultura, ICAA, Filmoteca Española, CRTVG, e é o primeiro número monográfico desta colección adicado a unha comunidade autónoma.

Spot FICRURAL

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia

Spot para a promoción da candidatura a Patrimonio da Humanidade do Parque Nacional das Illas Cíes

Sálvora

100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro

Tráiler oficial de”Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro”

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00