Arraianos

Sala 1 | Cartelería

O propio Isaac Díaz Pardo definiu a Vizoso como “un magnífico cartelista”. A verdade é que os seus carteis non deixan indiferente a ninguén e neles podemos atopar unha certa inspiración na obra de Luís Seoane, Castelao, J. Renau, Picasso ou seu mestre Puchades (probablemente quedará algún máis no tinteiro). Do quen non cabe dúbida e que a cartelería de Vizoso ten a identidade de autor, esa marca persoal e intransferible tan difícil de lograr.

Vizoso, sempre altruísta e xeneroso, creou carteis para múltiples feiras e festas populares, profanas e relixiosas, xornadas, seminarios, mostras, romaxes, concursos, trofeos deportivos, feiras do viño ou do salmón, para certa mes e representacións teatrais, para feiras artesás, desde a da olaría de Buño ata a do ferro de Riotorto. Mais, sobre todas as demais, para as que máis carteis ideou foi para estas tres: a Romaría de Santa Minia de Brión, a Queimada Popular de Cervo e as Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo; lugares os tres referenciais na súa biografía: onde traballou, onde reside e onde naceu.

A obra cartelística de Vizoso evolucionou, como é lóxico, con el e cos tempos, mesmo coas cambiantes técnicas, en constante evolución, de reprodución. Os carteis de Vizoso vanse refinando sen perder as esencias. Son sempre elegantes, proporcionados de cor, apa rentemente sinxelos, elaborados, pensados e executados de maneira que poidan ser inmediatamente dixeridos, como se percibe o feixe luminoso dun flash, pola primeira atención do espectador.

Enlaces de interese:

Rtve – Telexornal Galicia

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00