Arraianos

Sargadelos

A historia de Sargadelos está intimamente unida a Vizoso. En 1968, con só dezaoito anos, ten o primeiro contacto coa empresa. Estaría ben lembrar que a inauguración formal da fábrica é do 1970, o que significa que ese pequeno equipo inicial que lideraba Díaz Pardo contaba xa coa colaboración de Xosé e a súa man vai estar presente en todo tipo de producións: figuras, vaixelas, xogos de café e medallas conmemorativas. 

“Os galos” foi una das súas pezas feitas nos inicios de Sargadelos. É unha serie de catro figuras onde varían as posturas e accións de cada galo. Son pezas complicadas formadas por múltiples pezas pequenas coas que se vai xogando e intercambiando para crear as figuras finais e que serven igualmente para conformar os catro modelos de galos. Este recurso logo servirá para outras pezas como “Os cegos”, en homenaxe a Castelao. Non hai que esquecer as vaixelas. A “Toxo” foi das primeiras, e nela incorporouse por primeira vez a cor vermella na decoración. Despois está a “Viz-1”, inspirada nunha balconada de Burela. Tamén está “Fállela”, “Cuncha” ou “F-73”.  Todo o que se facía en Sargadelos tiña que ver coa cultura galega.

“Todas as pezas tiñan un porqué e unha información que as explicaba,
de onde procedían e o que tentaban comunicar. 
Non había nada feito por azar,
por iso creo que ten un valor grande”. X. Vizoso

Vizoso ten a sorte de traballar ao lado de Isaac, a quen considera o seu segundo mestre. O respecto e confianza deixan liberdade para crear e deseñar pezas. A confianza depositada en Vizoso era recoñecida por Isaac nunha carta asinada en 1988 “…o peso deseñístico da sección de cerámica en Sargadelos gravita hoxe sobor de Xosé Vizoso. Este mindoniense ten moitas máis virtudes que as puramente artísticas. A súa admirable disciplina para concibir, proxectar e realizar formas non crearon nel ningún tipo de narcisismo, tan frecuente nestes casos, que axiña tropezan coas demais disciplinas que participan do deseño industrial…”

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00