Arraianos

Deseños para cerámica

A gran facilidade de Vizoso para debuxar, sintetizar e describir as formas buscadas a base de trazos foi unha axuda inestimable para que o proceso de desenvolvemento de cada prototipo acadase éxito. Da man de Vizoso, o debuxo foi o celme dos estudos previos que toda peza debe cumprir ante as esixencias do proceso cerámico. Como artista multidisciplinar, dos estudios previos da peza pasaba a tallala en escaiola ou poliexpán, dándolle volume e vida ao debuxo inicial.

“Os galos” é una peza característica dos inicios na cerámica de Vizoso en Sargadelos. Esta serie, formada por catro figuras cos corpos e cabezas diferentes, imaxes aparentemente complicadas, están formadas por múltiples elementos que poden intercambiarse e servir igualmente para os catro modelos. Un recurso innovador que lle serviu como solución en series posteriores. Poderiamos enumerar moitas máis pezas e vaixelas (“Toxo”, “Viz-1”, “Follela”…). Moitas das pezas máis senlleiras e importantes de Sargadelos foron deseñadas por Xosé Vizoso. 

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00