Arraianos

Músicas

MÚSICA DOCUMENTAL “XOSÉ VIZOSO E SARGADELOS”

A música que acompaña a “Xosé Vizoso e Sargadelos”, inspírase na súa frase “Todo o que está aquí ten orixe na cultura nosa , todo está desarrollado a partir do que hai aquí, das crenzas populares…”

Ese é o obxectivo principal, pór en valor a nosa cultura inspirándose na tradición.

Así, no tema musical principal que abre e pecha o documental, aparecen melodías pausadas inspiradas na melancolía dos Alalás ou no ritmo bailable e alegre das Muiñeiras. Na interpretación ocupan un lugar destacado os instrumentos tradicionais como o Pito galego, a Pandeira ou o Birimbao, timbres e ritmos que nos acompañan e identifican culturalmante. As súas palabras son acompañadas con cantigas tradicionais e populares na voz medieval e laiosa da Zanfona, que tamén serve de inspiración nos seus debuxos e pezas de Sargadelos. Soan as músicas das cantigas: “Cabaliño branco, cabaliño negro”, “Non canto por cantar ben ” e  “Eu teño un canciño”.

Moisés Quintas

1. VIEIRO.

2. CABALIÑO BRANCO.

3. CONVERSA.

4. ALALÁ.

5. NON CANTO.

6. EU TEÑO UN CANCIÑO.

7. O FERREIRO.

8. LAIO.

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00