Arraianos

Sala 2 | Retrato

Tiñamos a sospeita. Os resultados obtidos dunha pequena enquisa déronos a razón. Quedou comprobado que a maioría da xente non coñecía a obra de Xosé Vizoso na súa vertente como retratista, mais mesturados os seus traballos cos doutros artistas todos logran identificalos inmediatamente porque “nada máis velos provocan un chispazo na mente- din – un algo que os fai únicos e diferentes”. A que se debería tal singularidade se os retratos foron feitos in situ na súa maioría, lonxe dun estudio coas condicións esixentes que require a teoría? O seu trazo, sen medo, capaz de transformar en sublime ata un aruxo pequeno e a forza vital dos seus ollos negros afeitos a radiografar xusto o imprescindible, fainos pensar que Vizoso posúe ese don xenial, privilexio dos elixidos, que lles permite comunicar directamente a alma cos dedos e así inmortalizar no lenzo non só o que vemos nese momento senón que reflicte tamén, a modo de espello, canto garda o retratado nos seus adentros.

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00