Arraianos

O Camiño de Ramón Chao

Ramón Chao, rebelde priscilianista

Moncho Paz

París, 1960. Buscaban un locutor que soubese portugués, español e música e alí estaba el. Presentouse á oferta de traballo de Radio France Internationale “porque tocaba ben o piano e falaba galego”, segundo confesaría nunha entrevista anos despois. E o rapaz chamado a ser concertista de éxito virou cara ao xornalismo. Esta é a historia de Ramón Chao Rego e do seu retorno a Vilalba, a súa vila natal. O fillo pródigo que regresou para sempre, porque nunca se foi. Irmán do teólogo Xosé Chao Rego (1932-2015), Ramón naceu en Vilalba o 21 de xullo de 1935 e criouse tocando o piano na fonda que rexentaban os seus pais, onde adoitaban hospedarse figuras como Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Díaz Castro. Recibiu unha bolsa do Concello de Vilalba e outra da Deputación de Lugo, coas que se desprazou a Madrid para proseguir a súa formación. No Conservatorio estudou piano, harmonía, composición e historia da música, ao tempo que cursaba o bacharelato no Colexio Apóstol Santiago.

En 1955 acadou o Premio Nacional de Virtuosismo e dende Madrid marchou a París, con outra bolsa do Goberno español de dous anos, que completou cunha estadía similar a cargo do Goberno francés. Perfeccionou o piano con Lazare Lévy e Magda Tagliaferro, e composición con Nadia Boulanger. En 1960 entrou na redacción de Radio France como comentarista musical e, oito anos máis tarde, foi nomeado xefe do servizo cultural en español e portugués. Ese mesmo ano gañou o premio radiofónico convocado por Radio Habana, sendo convidado polo Goberno cubano a visitar a illa caribeña. As súas impresións sobre aquela viaxe publicáronse en catro artigos no diario Pueblo; o quinto foi censurado. En 1980 ascendeu a redactor-xefe das emisións, culturais e informativas, en ambos idiomas. Malia vivir en París, sempre mantivo o contacto con Galicia, facendo unha permanente reivindicación da nosa cultura e da nosa lingua, como quedou patente no conxunto da súa obra. Na capital francesa, Ramón Chao dirixiu emisións radiofónicas en galego, que serían prohibidas pola ditadura de Franco, exerceu como correspondente da revista Triunfo, a mítica publicación fundada por José Ángel Ezcurra, e mantivo unha columna de opinión semanal en La Voz de Galicia.

Miquel Barceló: R. Chao (2013) Técnica mixta sobre terciopelo 91 x 73 cm

Á marxe da profesión xornalística, colaborou nas películas Llorens Artigas (1971), dirixida por Georges Ferraro para TVF, e Arriba España (1976) de José María Berzosa. Con este último compartiu posteriormente outros proxectos audiovisuais: 50 años después de la guerra (1980), Oú es-Tu? (1989) e Tres días con Onetti (1990). Chao creou e impulsou o premio Juan Rulfo, un galardón outorgado por Radio France dende 1982 e organizado conxuntamente polo Instituto Cervantes de París, Casa de América Latina, Instituto de México en París, Colexio de España, Le Monde Diplomatique (edición española), Unión Latina e FondaChao.

Dende o seu posto na radio pública francesa espallou a cultura latina con extraordinaria eficacia a través da serie Esbozos, que tivo como protagonistas a Miguel Ángel Asturias, Jorge Luis Borges, Alfredo Bryce Echenique, Guillermo Cabrera Infante, Alejo Carpentier, Julio Cortázar, Gabriel García Márquez, Nicolás Guillén, Pablo Neruda, Juan Carlos Onetti ou Severo Sarduy, entre outros moitos autores. Un elenco de escritores e intelectuais de primeira categoría que foron para Chao a lección aprendida de cada día. Na Europa de posguerra houbo pouca xente cos accesos directos que tivo Ramón á intelligentsia de América Latina e tamén do exilio español.

Inicio

URRACA

A primeira monarca titular na historia de España e Europa

Urraca I de León foi unha monarca medieval, destacada por ser a primeira raíña titular da historia de España e Europa, chegando a gobernar en solitario durante 12 anos. O seu reinado estivo marcado por unhas circunstancias políticas convulsas que levaron a traizóns, enfrontamentos e intrigas entre todos os poderes fácticos que nese momento existían na Península Ibérica.

1081

Nace Urraca, filla da segunda esposa de Alfonso VI; críase en Palencia co seu aio Pedro Ansúrez. Aos seis anos é prometida en matrimonio a Raimundo de Borgoña.

1091

Urraca casa con 10 anos con Raimundo de Borgoña e se lles concede o condado de Galicia.

1093

Nace Sancho Alfónsez, medio irmán de Urraca. Esto provoca que Urraca xa non sexa a primeira na liña de sucesión do seu pai Alfonso VI.

1095

Nace Sancha Raimúndez, filla de Urraca e de Raimundo de Borgoña.

1105

Nace Alfonso Raimúndez fillo de Urraca e de Raimundo de Borgoña en Caldas de Reis. Críase en Galicia no seo da familia dos Traba, o neno será o futuro rei Alfonso VII.

1107

Vítima dunha doenza, morre Raimundo de Borgoña, esposo de Urraca que quedará viuva durante case dous anos.

1108

Morre Sancho Alfónsez, medio irmán de Urraca, con 15 anos. Urraca volve ser a herdeira de Alfonso VI.

1109

Alfonso VI, pai de Urraca, convoca unha corte en Toledo para recoñecer a súa filla, coroala e casala. En Xullo morre o rei, en outono casan Urraca e Alfonso I, rei de Aragón, a nobreza acomodase á nova situación sen entusiasmo.

Pola súa parte a nobreza galega, incluído o Conde de Traba, proclama rei a Alfonso Raimúndez na Catedral de Santiago, comezan as revoltas.

1110

Alfonso I conquista Zaragoza en posesión dos almorábides e vence aos rebeldes galegos en Monterroso no Castelo das Penas. A raiña tenta separarse de Alfonso I e busca apoios entre os bispos. O Papa apoia a separación.

Alfonso I é requerido en Aragón trala recuperación de Zaragoza polos almorábides. Urraca marcha tamén á cidade, non se sabe se para enfrentalo ou apoialo.

A raiña recaba o poder do episcopado buscando anular o seu matrimonio. Tamén ten o apoio do Conde Gómez González, o seu amante. Alfonso I conta co apoio dunha parte da nobreza e das cidades do Camiño de Santiago. Por iso, Alfonso ataca aos bispos de Burgos, León, Palencia, Toledo e Sahagún.

1111

Urraca é confinada no castelo de El Castellar de Zaragoza e Alfonso I arrasa Castela e León. Primeira revolta de Sahagún.

Urraca pacta cos partidarios galegos do seu fillo, que con seis anos é coroado rei de Galicia.

Batalla de Candespina que enfronta a Alfonso I contra os partidarios de Urraca, nela falece Gómez González, amante da raíña.

1112

Constantes enfrontamentos e reconciliacións entre Urraca e Alfonso I. O matrimonio queda disolto e o reino partido: Galicia con Xelmírez e Traba; Castela e Toledo en mans de Alfonso I; León, Asturias en mans de Urraca.

1114

Alfonso I desiste da súa pretensión ao trono de León-Galicia e repudia a Urraca, disolución do matrimonio que levaba anulado polo Papa dende 1112

1115

Continuan os enfrontamentos. Rebelión de Xelmírez e os Traba en Galicia coa intención de facer un reino independente. Urraca viaxa a Santiago para sacar ao seu fillo da influencia galega.

1117

Tensións da burguesía de Santiago contra Xelmírez. Urraca media entre as partes pero finalmente apoia ao bispo. Esto provoca unha revolta que asedia a Xelmírez e a Urraca na Catedral. A raíña e capturada e vexada polo pobo.

1118

Urraca e o seu fillo firman o Pacto do Tambre no que a raíña recoñece que Alfonso Raimúndez é o único herdeiro de Castela e León.

1120

Xelmírez convértese en Arcebispo. Urraca enfróntase ao Conde de Traba.

1121

Pacto cos Traba e enfrentamento de Alfonso Raimúndez, Xelmírez e Urraca contra Teresa de Portugal, medio irmá de Urraca con pretensións ao trono de Galicia e León, que finalmente recoñece a Urraca como raíña. O clero apoia un reino en mans do fillo de Urraca, Alfonso Raimúndez

1126

Falece Urraca en Saldaña, Palencia. Alfonso VII convértese en rei de Castela e León.

Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-2022

Elías Valiña | Inicio

Este proxecto documental multimedia busca reivindicar e divulgar, dentro e fóra de Galicia, a figura de Don Elías Valiña como un dos principais estudiosos e precursores do asociacionismo xacobeo e tamén como un dos actores fundamentais no rexurdimento contemporáneo do fenómeno das peregrinacións a Santiago. Desenvolvido por ACUDE Rural dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia co apoio de Arraianos Producións. #oteuxacobeo #Xacobeo2022

REDES SOCIAIS

NON HAI ESPELLOS NOS MANICOMIOS

XOSÉ VIZOSO

“DE PEQUENO GUSTÁBAME PINTAR OS CABALOS DA FEIRA DE SAN LUCAS. PASABAN POR
DIANTE DA MIÑA PORTA E OBSESIONÁBANME… SEI QUE NACÍN CUN LAPIS NA MAN.”

Presentación

Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro

Activo promotor de Unión Radio Galicia, contou co apoio da Cámara de Comercio de Santiago e do concello compostelán para que a radio chegase a Galicia e coloborou cos sectores máis progresistas da cidade e coa Liga Santiaguesa pro Estatuto. Este home humilde e discreto, ademais de ser a alma de diversas iniciativas culturais e políticas sempre vencelladas co galeguismo, foi o socio número dous da emisora compostelá, denominada co distintivo técnico de EAJ‐4, a decana da radio no noso país. Daquela oportunidade de progreso só eran conscientes algunhas persoas visionarias que confiaban no potencial educativo e transformador do novo medio de comunicación.

Xosé Mosquera Pérez, nacido en San Xián do Carballal, Enfesta, en 1895, usou o alcume “O vello dos contos” e converteuse na primeira estrela mediática de Galicia grazas a este popular personaxe que, xunto con Joselín -popularizado polo vigués José Rodríguez de Vicente-, crearía unha escola galega de contadores de contos da que foron representantes, entre outros, Xistral ou Farruco, chegando a facerse moi famoso en toda Galicia e mesmo en América, aínda que ficara despois no esquecemento.

As súas intervencións radiofónicas estiveron en antena entre xaneiro de 1933, cando botou a andar a programación estable da emisora, emitindo nos primeiros meses dende un locutorio improvisado en San Domingos de Bonaval, ata o mes de xullo de 1936, cando os sublevados entraron armados para tomar os estudios da radio, daquela xa na praza da Universidade. Durante este tempo foi o principal altofalante do galeguismo, participando na intensa campaña política a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Ademais das sesións de música galega e das conferencias de divulgación cultural e política, das que informa a prensa da época e a revista Nós, xa en 1933, tamén se programaron espazos de divulgación da cultura popular, emitíuse teatro do aire interpretado por un grupo de teatro radiofónico -do que recuperamos algunhas fotografías para esta entrada biográfica- e seccións de contos e refráns. Todos os xoves había unha sección infantil e xuvenil na emisora, da que “O vello dos contos” foi impulsor e elemento protagonista, seguindo a liña de animación cultural e didáctica que iniciaran as Irmandades da Fala para o adoutrinamento e culturización do pobo galego.

Facer radio na Compostela e na Galicia do seu tempo, cando só algúns galeguistas e progresistas albiscaban que aquela nova tecnoloxía sen fíos estaba chamada a ser o primeiro medio de comunicación de masas, era o xeito de Mosquera e doutros correlixionarios, como Antonio Fraguas, primeiro locutor da emisora, de contribuíren á tarefa colectiva de facer país espallando as mensaxes galeguistas e de concienciación política que caracterizaban a programación da emisora. “O vello dos contos” foi congregando a cada vez máis xente arredor dos receptores de radio e gañando popularidade até converterse na primeira estrela da radio galega.

Despois de cursar os primeiros estudos no Seminario, Mosquera estivo tres anos emigrado en Bos Aires, conseguindo unha boa posición, pero o amor á terra fixo que non tardase en regresar. Xa era un afeccionado ao teatro antes da chegada da radio a Compostela e a Galicia. Mesmo dirixiu o grupo de teatro Cativezas, entre 1923 e 1925, compañía coa que montou varias obras de autores galegos. Tras o seu paso pola Universidade de Santiago, onde estudou Humanidades e Maxisterio, traballou na administración duns almacéns comerciais, na zona vella compostelá, formando parte dunha sociedade con Ángel Estévez, Manuel Beiras e Balbino Viña.

Recuperado: O Consello da Cultura Galega

Autoría: Aser Álvarez González

Carvalho Calero Sen Fronteiras

Carvalho Calero Sen Fronteiras

Avance deste documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero producido por Arraianos Producións e dirixido por Aser Álvarez e con banda sonora orixinal de Moisés Quintas.

FERROL 1916

EVOCAZÓN DA INFANCIA PERDIDA

MARÍA SILÉNCIO

FELICIDADE

A ÁLVARO CUNQUEIRO

CANDO ESTOU BÉBEDA

COMO PUDEMOS VIVER?

ETZENLBURG

UN FUNGUEIRO NA MAN DEREITA

NON SEI

VERDADEIRO POETA FOI

GALEGO-PORTUGUÉS OU CALEGO-CASTELHANO

Compare Products
Action Add Product
Image
Title
Price
Stock Status
Quantity
Add To Cart
Review
Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Sen Fronteiras
0 customer review
15,00 
Sísifo Confuso
0 customer review
15,00 
Xosé Velo | Textos Escollidos
0 customer review
30,00